Irmáns! Irmáns galegos!
Dende Ortegal ao Miño
A folla do fouciño
Fagamos rebrilar!
Que vexa a vila podre
Coveira da canalla
A aldea que traballa
Disposta pra loitar
Irmás! Irmás galegas!
Dende Ortegal ao Miño
A folla do fouciño
Fagamos rebrilar!
Que vexa a vila podre
Coveira da canalla
A aldea que traballa
Disposta pra loitar
Has berrar comigo
Has berrar de boa fe
Has berrar comigo
Has berrar de boa fe
Denantes ser escravos
Irmáns, irmáns galegos!
Que corra o sangue a regos
Dende a montaña ó mar
Denantes ser escravas
¡Irmás, irmás galegas!
Que corra o sangue a regos
Dende a montaña ó mar
Ergámonos sen medo!
Que o lume da toxeira
Envolva na fogueira
O pazo señorial!
Xa o fato de caciques
Ladróns e herexes fuxe
Ó redentor empuxe
Da alma rexional!
Has berrar comigo
Has berrar de boa fe
Has berrar comigo
Has berrar de boa fe
Denantes ser escravos
Irmáns, irmáns galegos!
Que corra o sangue a regos
Dende a montaña ó mar
Denantes ser escravas
Irmás, irmás galegas!
Que corra o sangue a regos
Dende a montaña ó mar
Oihu egin zazu nirekin (berra comigo)
Oihu egin zazu nirekin
Oihu egin zazu nirekin
Borroka ezazu gurekin (loita con nós)
Oihu egin zazu nirekin
Borroka ezazu gurekin
Oihu egin zazu nirekin
Borroka ezazu gurekin
Quan fem caure
Espigues d'or
Quan convé
Seguem cadenes
(Cando facemos caer
Espigas de ouro
Cando convén segamos cadeas)
Que tremoli l'enemic
Bon cop de falç
Bon cop de falç
Segadors de la terra
Bon cop de falç!
(Que trema o inimigo
Bon golpe de fouce
Bon golpe de fouce
Defensores da terra
Bon golpe de fouce)