Remanso para morrer
Marcho para achegarme máis a ti
Marcho para achegarme máis
Marcho aínda que non me queira ir
Marcho
Pecharon os bares onde che cantaba
A pedra mollada tornábase casa
A chave por dentro e a porta pechada
E fuches tan boa deixándome ir
Eu cando volva sei ben que estarás
Pra mirar conmigo o mar
Sempre curando feridas
Cheíña de sal
Moraima abrigas
Cheíña de sal
Nunca vi sombra na ría
Cheíña de sal
Sempre me miras
Cheíña de sal
Rúas con luces prendidas e alí
Luz de San Xoan
Lémbrome de aqueles bicos na París
Lémbrome das luces do nadal
Lémbrome do mar en calma que non vin
Lémbrome
Carballos medrarán de tanto que te choré
E a sombra será remanso para morrer
Carballos medrarán de tanto que te choré
E a sombra será remanso para morrer
Sempre curando feridas
Cheíña de sal
Moraima abrigas
Cheíña de sal
Nunca vi sombra na ría
Cheíña de sal
Sempre me miras
Cheíña de sal
Sempre curando feridas
Cheíña de sal
Moraima abrigas
Cheíña de sal
Nunca vi sombra na ría
Cheíña de sal
Sempre me miras
Cheíña de sal
Rúas con luces prendidas e alí
Luz de San Xoan
Eu cando volva sei ben que estarás
Pra mirar conmigo o mar
Eu hei de morrer cantando
Xa que chorando nacín
Eu hei de morrer cantando
Na terra onde crecín